lunes, 28 de octubre de 2013

A Ghavilla distribue material de Volapük Ediciones, unha nova aventura editorial de ámbeto anarquista en Guadalajara.

Soubemos de Volapük Ediciones por un correo na nosa caixa que Sergio Higuera, o "alma mater" deste proxecto, nos fixo chegar co gallo da saída à rúa do segundo volume desta editorial autónoma e autoxerida que naceu con "a intención de rescatar textos, autores e contidos que se manteñen afastados da atención das editoriais convencionais ou das institucións culturais" ben "por tratarse, en casos, de autores nóveles aos que os grupos editoriais non apoian ainda que o seu interés é relevante, ou temáticas condenadas ao ostracismo por non interesar aos poderes literarios ou mediáticos, como poden ser textos ou estudos libertarios, de ecoloxía social, ou políticamente incorrectos"; se ben, aclaran, "non queremos limitarnos e ficamos abertos a calqueira proposta que vaia xurdindo".

Así entramos en contacto e amañamos para distribuir na Ghavilla os seus libros, e de momento istos son os dois libros que teremos à venda (ademais de que, un exemplar de cada, con que Volapük nos agasallou, irán para fondo da nosa biblioteca de consulta):

"Exiliados del Paraíso. Relatos" de Josean Aparicio Tercero e "Abriendo Brecha. Los inicios de la lucha de las mujeres por su emancipación. El ejemplo de Soledad Gustavo" de Julián Vadillo Muñoz (dos que ampliamos infomación en "Más información") son, ata agora, os dois títulos desta editorial con este curioso nome Volapük, que tal como conta Sergio, "Volapük é unha lingua universal, antecesora do esperanto, que se creara a finais do século XIX. Tivera entre os seus propagadores ao "guadalajareño" Fernández Iparraguirre quen redactara unha gramática e un diccionario desta lingua, e que chegara a editar a “Revista del Ateneo Caracense y Centro Volapükista español”. Esa conexión entre os valores universais e fraternais do Volapük e o especial arraigo que conocera na cidade determinou a elección do nome para este proxecto".

jueves, 24 de octubre de 2013

Martes 5 de novembro ás 20:00' horas Inauguramos nova tempada do noso “Cinema Forum Anarquista” con a proxección do documental “Apash, os de fóra” da realizadora Cora Peña

Cora Peña estará con nós para iniciar esta nova tempada do noso “Cinema Forum Anarquista” o martes 5 de novembro ás 20:00' horas, con a proxección de “Apash, os de fóra” e depois falaremos sobre ele e o seu novo proxecto "Tesouro de Corcoesto".

“Apash, os de fóra” é unha película documental independente de case 90 minutos, trátase dunha peza audiovisual na que a realizadora e operadora free lance Cora Peña, veciña de Teo, se achega á realidade do pobo jíbaro e a súa situación na Amazonía peruana, principalmente o xeito no que conviven coas consecuencias da globalización. Os jíbaros habitan este territorio desde hai 1.200 anos, e atoparanse de cote enfrontándose aos apash (na súa língua, “os que veñen de fóra”).

martes, 15 de octubre de 2013

28,29,30 e 31 outubro X Xornadas Anarquistas


Un ano máis, e van xá 11 dende que comezaran a realizarse nesta cidade, presentamos as Xornadas Anarquistas de Compostela, que este ano cumprirán a sua X edición ( dado que nun ano non se fixeran), nas que trataremos, como é habitual, temas polémicos e de actualidade coa sa intención de profundizar entre todas as asistentes nun debate constructivo e participativo.

As X Xornadas terán lugar no noso local da Biblioteca Anarquista “A Ghavilla” (r/ Puente la Reina, nº 8, baixo) e comenzarán as 20:00’. Despois de cada charla e debate haberá Ceadores Veganos. Todo o diñeiro recaudado será para cobrir gastos das xornadas e promover vindeiras actividades.